Etiquetas

domingo, 30 de xuño de 2013

O Celta B ascende a Segunda División B


lof



Un inicio soberbio de partido e saber sufrir cando a eliminatoria se puxo costa arriba resultou fundamental para que o Celta B recupere o seu sitio en Segunda B un ano despois do descenso.
Un inicio soberbio de partido e saber sufrir cando a eliminatoria púxose costa arriba resultou fundamental para que o Celta B recupere o seu sitio en Segunda B un ano despois do descenso.
Os celestes tiveron un inicio irresistible. Madinda marcou case na primeira chegada logo dun regate prodixioso e a continuación Santi Mina cunha xogada persoal marchouse de canto rival ata que marcou de tiro cruzado ante a portería de Txemi. Coa culler case entregada, un lance de sorte, minutos despois devolveu a esperanza ao Areas, que acurtou distancias por mediación de Imanol nun rexeite tras saque de córner. Na recta final do primeiro tempo os vascos conseguiron levar a contenda ao patadón e ao fútbol directo, tamén á estratexia, que serviu ao comezo do segundo tempo para que empatasen a dous goles.
E cando parecía máis difícil, chegou a templanza do conxunto filial vigués, que soubo xogar a última media hora e que só lle faltou aproveitar as oportunidades para sentenciar. Non o fixo, e a falta de dous minutos viviu un susto mayúsculo cun libre indirecto dentro do área que se sacou sen consecuencias. O Areas xogou cun menos os últimos minutos por expulsión do central Perera.
Os vigueses ascenden sen perder un só partido na fase de ascenso, tres vitorias e outros tantos empates.

Sergio Álvarez renova o seu contrato co Celta

O canteirán amplía a súa vinculación co club por unha temporada con outra opcional.

O cancerbeiro galego mostrouse moi contento por seguir en Primeira co Celta. Para Sergio, esta renovación apórtalle confianza e ilusión. Sigo neste club, que é o que sempre quixen.

O porteiro de Catoira afronta o futuro con ilusión e optimismo, contento cos partidos disputados ata agora pero con ganas de mellorar e crecer. Séntome moi ben tratado, feliz e orgulloso por vestir estas cores.

sábado, 29 de xuño de 2013

Charles ficha polo Celta

Charles_-_Presentacion_-_Balaidos.jpg

O dianteiro Charles Dias (Brasil, 1984) foi presentado no estadio de Balaídos. O xogador estivo acompañado pola conselleira do club Carmen Avendaño e do director deportivo Miguel Torrecilla, quen asegurou que se lle leva seguindo dende fai tempo e todo o que aporta sempre o fai en beneficio do seu equipo".

Charles mostrouse "moi ilusionado" coa súa fichaxe polo Real Club Celta e, aínda que non quixo falar dunha cifra de goles, si prometeu "moito traballo e implicación". O atacante asegurou sentirse "en casa ao volver a Galicia" e mostrouse decidido a "triunfar en Primeira" tras "facelo en Segunda B e Segunda".

O novo xogador celeste atendeu a todos os afeccionados que acudiron á súa presentación e demostrou unha gran sintonía cos seguidores célticos desde o primeiro minuto.

A fichaxe do xogador é de 1 millón de euros, valor da súa claúsula de reiscisión, que se abonarán inmediatamente ao Almería.

Charles, antigo xogador do Pontevedra e Córdoba, foi o máximo goleador da segunda divsión española, anotando 27 goles na liga regular e 5 na promoción de ascenso a primera división.

domingo, 23 de xuño de 2013

O Celta anuncia na súa web as renovacións de Bellvís e Bermejo

O Real Club Celta pechou a renovación de dous dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos casos por unha temporada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luís Enrique na campaña 2013/2014.

Carlos Bellvís disputou un total de 13 partidos en Liga, entre eles os dous útimos, definitivos para lograr a pemanencia, ante Valladolid e Espanyol, nos que ofreceu un espléndido rendemento.

Mario Bermejo participou en 33 dos 38 partidos da competición, nos que anotou cinco goles. O ariete cántabro atópase en plena fase de recuperación da grave lesión de xeonllo, rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo, que sufriu no mes de maio nun encontro ante o Atlético de Madrid en Balaídos.

Mario Bermejo destaca que "estou moi satisfeito e moi contento porque a lesión foi un golpe duro na situación na que estaba, sen contrato en vigor, e a verdade é que estou moi contento e moi agradecido ao club por apostar por min darme este voto de confianza ao renovar outro ano máis co equipo".

O dianteiro celeste expresa tamén a súa satisfacción polo seu rendemento na recentemente concluída tempada: "Xoguei 33 partidos, con cinco goles en Liga e un en Copa, creo que son bos números tendo en conta que tiña xogadores por diante que apuntaban a titulares. Ao final estou moi satisfeito polos números, o rendemento e os goles e por iso penso que, cando me recupere, seguirei axudando ao equipo cun bo traballo".

Sobre a evolución da súa lesión, indica que "a verdade é que vai moi ben, todo segundo o proceso marcado, sen ningún contratempo. O xeonllo non se inflama e agora que xa levo unha semana sen muletas ves realmente que todo vai ben"

"Non teño ningunha molestia que me impida avanzar neste proceso e estou moi contento porque noto que cada día vou mellorando", engade o ariete cántabro.

En canto ao novo técnico celeste, Luís Enrique, Mario Bermejo subliña que "como sabedes aquí coñecémonos todos e o que me dixeron é que é unha persoa moi traballadora, que se involucra moito e ten un fame moi grande de mellorar, de facer as cousas ben"

"É moi esixente cos xogadores, quere sacar o máximo rendemento de cada un e para iso temos que estar a lume de biqueira en cada adestramento, dalo todo e render ao mellor nivel", precisa.

Carlos Bellvís comparte a alegría con Bermejo; "Estou moi feliz por chegar a este acordo, estou moi contento en Vigo e no Celta, onde me foron ben as cousas desde que cheguei e por iso quería continuar. Repito que estou moi contento porque chegamos a un acordo".

"Alégrame moito ademais lograr o obxectivo e seguir en Primeira e espero que esta nova temporada consolidémonos e suframos moito menos que a anterior", indica o lateral celeste, quen apunta que "estou contento ademais coa chegada do novo adestrador. Todos partimos de cero e intentarei traballar coma sempre para axudar ao equipo. Sei que é moi esixente e adestrarei ao máximo cada día para tratar de coller minutos".
BELLVIS2.jpg
Tanto o dianteiro como o lateral firmaron por unha temporada con opción a outra opcional

xoves, 20 de xuño de 2013

Presentación de Fontás


Andreu Fontás, primeira fichaxe do Celta

Andreu Fontás será o primeiro reforzo do Celta de Luís Enrique. O central catalán, de 23 anos, será presentado esta tarde como novo xogador celeste, club co que asina por tres temporadas. O defensa, ao que Luís Enrique coñece moi ben, posto que o tivo no Barcelona B, tivo presenza no primeiro equipo da man de Pep Guardiola. Na temporada 2012/13 Fontás comezou no primeiro equipo do Barcelona, pero foise cedido ao Mallorca en busca de minutos. No club balear xogou 11 partidos a pasada campaña.
Andreu Fontás se incorpora al Celta

luns, 17 de xuño de 2013

José Ángel podería vir cedido


Outro que podería chegar cedido é José Ángel Valdés, que esta campaña xogou na Real Sociedade. 

A Roma, equipo que ten os seus dereitos, podería cederllo ao Celta, incluso venderllo xa que, o conxunto romano, expresou o desexo de se desfacer de el.

Luis Enrique foi o que o fichou para a Roma, seguramente, por ser da canteira do Sporting e por facer unha boa temporada 2010/2011. É un lateral moi alto, mide 1,82 cm e moi rápido. Xogou 11 paridos coa Real Sociedade este ano, 2 como titular e 9 como suplente, uns númeos que non dan moita seguridade para suplir o posto que deixa Roberto Lago, que a vindeira temporada xogará no Xetafe.

sábado, 15 de xuño de 2013

Quique de Lucas deixa o Celta



O Celta de Vigo decidiu exercer unha cláusula do contrato do seu dianteiro Quique de Lucas, que expiraba en 2014, pola que se permitía a calquera das partes romper o vínculo de xeito unilateral, co que a estancia do futbolista catalán no conxunto de Luís Enrique tocou ao seu fin tres temporadas logo da súa fichaje procedente do Cartaxena, tal e como explica o diario Atlántico. Dita cláusula non foi exercida no caso de Bellvís, que si seguirá no equipo a próxima campaña.

Desde a súa chegada no verán de 2010, De Lucas exercera un papel moi destacado no equipo galego, pero na súa primeira temporada en Primeira nas filas do Celta vira reducida notablemente a súa participación, motivo polo que o club decidiu prescindir dos seus servizos, dado que nin Paco Herrera nin Abel Resino confiaron en gran medida nel. A esta circunstancia débenselle engadir os 35 anos que ten o xogador, unha idade que a directiva non considerou adecuada para competir de novo en Primeira.

Co adeus de De Lucas vaise un dos grandes protagonistas do rexurdir do equipo en Segunda, dado que trala súa chegada o equipo volveu a erigirse como un dos grandes da categoría e un serio aspirante ao ascenso que finalmente logrou o ano pasado. As súas cifras na categoría de Prata (78 partidos, 18 goles) avalan a súa importancia para o Celta de Vigo. Á marxe dos cedidos, a súa marcha súmase ás de Iago Aspas, Roberto Lago e Natxo Insa.


Augusto Fernandez marcou no Guatemala 0 Arxentina 4

O xogador celeste disputou todo o encontro e marcou o segundo tanto do partido de cabeza, a pase de Messi. Augusto xogou así o seu cuarto partido coa selección albiceleste pese a ser convocado con ela durante todos os partidos, oficias e amistosos, da temporada. Os outros tres goles marcounos Leo Messi que se coloca como o terceiro máximo goleador da selección Arxentina.



Resumo do partido

A Federación bloquea o traspaso de Aspas ao Liverpool

Iago Apas con Jordi Figueras, en Peinador. // Jorge Santomé
O traspaso de Aspas ao Liverpool devolveu o conflito de intereses entre as distintas empresas que representan ao futbolista. Unha delas denunciou ao xogador ante a Federación Española de Fútbol, que nos próximos días decidirá se lle concede o tránsfer ao moañés para disputar partidos oficiais na Premier.

A marcha de Iago Aspas á Premier segue dando voltas, malia que o Celta e o Liverpool anunciasen oficialmente o xoves o acordo do traspaso do xogador por 9 millóns de euros. O moañés xa é xogador do conxunto inglés para todos os efectos, pero fáltalle o Certificado de Transferencia Internacional (coñecido como tránsfer) para poder disputar partidos oficiais cos reds. A tramitación desa licenza está paralizada debido a unha denuncia presentada por un dos tres representantes que ha ter últimamente o agora excéltico ante a Federación Española de Fútbol. O demandante reclámalle a Iago unha porcentaxe pola operación de traspaso. Ata a próxima semana non se coñecerá o fallo federativo.

"Iago Aspas ten contrato comigo ata xuño de 2014 e eu non aprobo que se libere o Certificado de Transferencia Internacional ata que cheguemos a un acordo ou pague o que lle corresponde por contrato. O director deportivo do Liverpool, Ian Ayre, tiña constancia de que nós somos os representantes do xogador", explica Jorge Santomé.

Este moañés, xunto ao seu socio Carmelo Vicente, exerce de axente oficial de Iago Aspas, quen á súa vez lle asinou un poder á empresa Promosport para que tamén lle representase. Ante o conflito que se xerou no mercado de inverno por esta dobre representación legal, Jonathan Aspas presentouse como único portavoz do seu irmán Iago.

O acordo entre o Celta e o Liverpool para o traspaso de Aspas, segundo Santomé, fíxose sen a súa mediación e coa participación da outra empresa de representación de futbolistas. "O Liverpool ao final fixo o que quixo, malia as nosas advertencias, polo que agora estamos tomando accións contra Iago, contra o Liverpool e contra Promosport".

Onte, o Daily Mirror inglés recollía este conflito de intereses, que ten que dilucidar a Federación Española de Fútbol.

"Aínda que Iago comunique a súa intención de romper o contrato que ten connosco, no mesmo existe unha cláusula que di que si el rompe unilaleralmente o contrato ten que pagarnos un millón de euros. Vaime a ter que pagar todos os atrasos, máis o do Liverpool. Desde a federación dixéronnos que esteamos moi tranquilos, non temos de que preocuparnos. O que ten o problema é Iago e o Liverpool porque non haberá tránsfer ata que isto non se resolva", engade Santomé.

Faro de Vigo 

venres, 14 de xuño de 2013

Ponlle nota aos cedidos esta temporada



Create your free online surveys with SurveyMonkey , the world's leading questionnaire tool.
Gustavo Cabral estará cedido un ano máis todavía.

Un pequeno adianto

Déixovos este vídeo de Iago Aspas como un pequeno adianto do que vos amosarei máis adiante e da entrada que relamente se merece Iago.
Disfrutade de el e comentade


O Celta recibirá máis de nove millóns por Iago Aspas



De forma case simultánea, Liverpool e Celta facían público pouco logo das 21.00 horas o traspaso de Iago Aspas ao histórico club británico. No seu comunicado oficial, os de Anfield matizaban que a operación quedará definitivamente pechada cando se aporte toda a documentación, que pasa porque a Federación Española de Fútbol expida o pase internacional do que foi xogador-franquicia do Celta nas últimas temporadas e que está suxeito a un acordo (ata agora inexistente) con Jorge Santomé, o seu representante, que non interveu nesta operación e que logo de varios días, conseguiu desbloquearse.

Definitivamente, o Celta percibirá 7,7 millóns de libras (ao cambio actual, un pouco máis de 9 millóns de euros). A novidade radica en que os de Balaídos seguirán tendo o 10% dos dereitos federativos de Aspas para que no suposto dun futuro traspaso perciban a décima parte do mesmo.

Ou o que é o mesmo, ás arcas da entidade de Balaídos chegará unha cantidade moi próxima aos 10 millóns de euros, que era a cláusula de rescisión fixada no contrato que Aspas tiña asinado co seu ata onte club, ao que chegou sendo un neno.


Logo de regresar antonte de Liverpool, onde se someteu a un exhaustivo recoñecemento médico, e limar os poucos flecos que quedan pendentes, Iago terá que volver de inmediato á súa futura cidade de residencia co obxecto de ser presentado como novo futbolista red. Pero a súa anunciada -e esperada- rolda de prensa para despedirse da afección céltica aínda terá que esperar a que retorne de pasar unha semana de vacacións no Caribe.

El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas Marca.com

Carlos Bellvís seguirá un ano máis no Celta

O lateral esquerdo Carlos Bellvís seguirá un ano máis no Celta, así llo comunicou o clube.
Bellvís, que foi de menos a máis nesta temporada, vestirá a camisola celeste un ano máis como estipulaba a cláusula do seu contrato, tiña opción a xogar outro ano maís pero se llo ofrecían antes do 15 de xullo.
Por agora só está el no lateral esquerdo, trala saída de Roberto Lago, pero o verán é moi longo e os nomes doutros xogadores irán aparecendo

A temporada do Celta por Canal+

xoves, 13 de xuño de 2013

Ingresos do Celta coa venda de xogadores da canteira

Coa entrada na lei concursal do Ceta en 2007, o Celta leva nutríndose de xogadores da canteira.
O primeiro en marchar foi Rodrigo Moreno Machado. O Celta vendeuno no ano 2009  por 900.000 euros ao Real Madrid e, despois, o Real Madrid vendeuno ao Benfica portugués, e o Celta obtivo outros 250.000 euros por dereitos de canteira.
A seguinte venda é a do silledano Joselu. O Real Madrid comprouno por 1.500.000 euros, aínda que estivo cedido no Celta durante a temporada 2009/2010. A posterior venda do Madrid ao Hoffenheim fixo que o Celta recibise outro millón de euros máis, facendo un montante total de 2.500.000 euros.
Jordi Figueras foi vendido ao Rubin Kazan ruso no mercado invernal de 2010 por 850.000 euros
En 2011 o Manchester City fichou ao mediocentro Denís Suárez por 1 millón de euros, que se poderían converter en 3 se finalmente xoga no primeiro plantel do equipo.
Coa venda de Iago Aspas ao Liverpool por 9 millóns, os ingresos totais do Celta por venda de xogadores da canteira ascende a 14,5 millóns de euros, curiosamente é máis ou menos o diñeiro que hoxe en día ten de débeda.


O Celta tamén mostra interese en Bojan

O canteirán do FC Barcelona, que actualmente xoga no Milan, non quere continuar no conxunto rossonero.
Bojan xogou 27 partidos e marcou 3 goles co conxunto milanista esta temporada. Xoga ao seu favor que estivo ás ordes de Luis Enrique na Roma, na temporada 2011/2012, na que marcou 7 goles en 33 partidos e podería chegar ao Celta en calidade de cedido.
Esta cesión tardaría en chegar porque o seu clube ten que considerar tamén a venta do xogador ademais da cesión e segura que lle van chover as ofertas nas próximas semás.

Natxo Insa non seguirá no Celta a próxima temporada



O mediocentro non seguirá a vindeira temporada no Celta. Natxo completou unha segunda volta moi boa coa chegada de Abel Resino ao banco, completando bos partidos e marcando goles como contra o Barcelona e o gol da permencia frente o Espanyol. Isto propiciou que equipos com o Elxe ou Levante se fixasen nel para contratalo, xa que remata contrato co Celta o 30 de xuño de 2013.
Natxo chegou o verán pasado da man de Paco Herrera, xa que estivera ás súas ordes no Vilarreal B, e aínda que comezara o campionato moi ben, foise apagando co paso das xornadas.
Aínda non se sabe por cal destes dous equipos firmará.

Ata sempre Roberto

Roberto Lago abandona o Celta despois de 18 anos para embarcarse no proxecto do Xetafe. Todo o mundo sabía dende xaneiro que había negociacións entre o lateral vigués e os azulóns pero non foi ata maio cando se fixo oficial a súa marcha.
Roberto marcha a un clube con moi pouco tempo na primeira división, pero que nunca descendeu na súa historia. Non marcha por querer crecer como futbolista, crecería de igual maneira no Celta que no Xetafe, marcha polo diñeiro. 
Ao comezo da temporada o Celta fíxolle unha oferta que rexeitou, xa que el quería cobrar o mesmo que o que lle ofreceran a Aspas (800.000 euros) e o Xetafe si estaba polo labor de ofrecérllelos.
O único que queda é darlle moita sorte na súa nova aventura, sen el os últmios éxitos do Celta non serían posibles, e darlle as grazas por todo o que fixo.
Ata sempre Roberto.



O Celta publica na súa web a nova equipación 2013/2014

Montaje2.jpg

Chegan unhas das imagaxes máis esperadas pola afección celeste, as das novas camisetas para a tempada 2013/2014, confeccionadas pola prestixiosa marca alemá adidas, patrocinadora do clube. As equipacións ofrecen unha espléndida calidade e entre as principais novidades figura a inclusión nunha das mangas o logotipo do 90 aniversario celeste. 
As camisetas adidas do Real Club Celta para a próxima tempada poranse á venda entre finais do presente mes e principios do próximo, unha vez que conclúan as obras de mellora e renovación da tenda oficial situada nos baixos do Estadio de Balaidos, que adecuará a súa imaxe á da firma adidas, cuxos produtos, unha ampla gama, estarán dispoñibles no establecemento celeste.

A primeira equipación suscita un deseño sinxelo e elegante, combinando o clásico azul celeste representativo do club con detalles en negro nos ribetes de pescozo e mangas. 
O escudo da camiseta será bordado e incluirá unha serie de novidades como o novo deseño do logotipo do patrocinador principal (citroën) e o logotipo do 90 aniversario do club situado na manga esquerda. Ademais, cóntase coa publicidade de Estrella Galicia 0,0 na parte baixa das costas e o detalle do trisquel na parte traseira do pescozo. 

A segunda equipación, pola contra, presenta un deseño moito máis agresivo e innovador, continúa baseándose na potente combinación de cores celeste-negro, esta vez investida, cunha base negra sobre a que destacan bloques de cor e detalles celestes. O escudo continúa sendo bordado e a camiseta presenta os mesmos elemento publicitarios que a primeira equipación.

A nivel tecnolóxico, ambas equipacións cumpren cos máximos estandartes de calidade de adidas. Tanto a primeira equipación como a segunda equipación incorporan tecnoloxía climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratéxicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor. Facilitando deste xeito o mellor rendemento dos xogadores das distintas categorías do club.


primera_camiseta_atrás_web.jpgsegunda_camiseta_web.jpg

Ivan Balliu, outro que sona nos últimos días para o Celta

Coa chegada de Luis Enrique comezan a sonar nomes de xogadores do Barça B ou que xogaron con Luis Enrique nalgún momento da súa carreira. Un dos últimos en soar pra o Celta é o defensa barcelonista Iván Balliu.
Balliu ten 21 anos, pode xogar tanto de central como de lateral dereito e esta campaña xogou 23 partidos co filial blaugrana

Así é Ignacio Scocco

Debido ao recente interese que amosa o Celta por facerse cos servizos do dianteiro arxentino déixovos un vídeo de el.

Comentade que vos parece este xogador

mércores, 12 de xuño de 2013

HISTORIA DO CELTA. EP 1 CELTA VS JUVENTUS.

Cada mes ireivos amosando episodios inolvidables na historia do clube. Para empezar, como non sería doutro forma mellor, comezaros con aquela noite inolvidable na que o Celta se enfrontaba á todopoderosa Juventus na Copa da UEFA despois de empatar e Torino  1-1.



Toquero convértese no primeiro "Marcapollino" do verán

Onte falouse nalgúns medios e nas redes sociais do posible interese do Celta no dianteiro vitoriano do Athletic Club de Bilbao. Hoxe podemos confirmar con rotundiade que todo é falso, solo foron especulacións, invencións sen fundamentos.
Como dirían en Futboleros:" Isto é un pollino en toda regra!!"












Déixovos unha mostra dos "pollinos máis significativos do verán pasado













Reportaxes sobre a permanecia do Celta

Os seguintes vídeos mostran o momento da permanencia e o festexo do equipo e a afección



Así é Ranfinha


Rafinha, o fillo pródigo

Hai xa case 20 anos que Mazinho fichou polo Celta pero o que moi poucos sabían é que,despois de tanto tempo, os camiños destes dous voltarían a atoparse, aínda que de xeito un pouco indirecto. 
Rafael Alcántara do Nascimento, Rafinha,  o fillo daquel campión do mundo que xogou no Celta durante a década dos 90, podería chegar ao Celta nas vindeiras semanas en calidade de cedido. Xogador dotado dunha técnica impecable e bo golpeo de balón, leva xogando as últimas tres temporadas no Barça B, que xoga na Liga Adelante. Rafinha debutou da man do actual entrenador do Celta, Luis Enrique, e dende entón non ten deixado de marabillar ao fútbol co seu talento e potencial. Xa debutou co primero equpio en Champions League, Copa do Rei e Liga e a pesar de xogar no medio do campo, o seus rexistros goleadores son moi altos, 10 goles na 2011/2012 e 8 na 2012/2013.
Todo o celtismo espera con ansia a chegada do fillo dun dos ídolos do celtismo. O único problema que existe é o interese dun equipo Champions, e dende hai unhas semanas irmán, como a Real Sociedade.  

Vitolo, otro jugador que relacionan con el Celta

El extremo zurdo grancanario es otro de los que se rumorea que puede recalar en el conjunto olívico. Se dice que el Celta negociará con él después del play-off de ascenso a primera división que está jugando su equipo.
El Real Madrid intentó ficharlo el pasado verano para el Castilla, pero el conjunto canario rechazó una oferta de 5 millones de euros. Ése es uno de los problemas, el Celta no se puede permitir pagar más de 5 millones por un jugador que no ha debutado en primera, tendrá que admisitrar bien el dinero recibido por Iago Apas, que todavía no se sabe si el pago del moañés será fraccionado.

Scocco, en el punto de mira del Celta

Según informan diarios argentinos, el delantero de 28 años  aterrizaría en casa Celta este verano. Su traspaso rondaría los 4 millones y tendría una de las fichas más altas de la plantilla.
El ariete ha tenido una carrera muy experimentada ya que ha jugado en Argentina, México, Grecia y en los Emiratos Árabes. Ha sido internacional con la albiceleste y su media de goles por temporada suele estar entre los 10 y los 15 aunque esta temporada ha marcado 24 goles con Nevell´s Old Boys. Una apuesta muy emocionante

Oriol Romeu muy cerca del Celta

Oriol Romeu está a la espera de conocer los planes deportivos de José Mourinho para decidir su futuro inmediato. El centrocampista catalán del Chelsea, de 21 años, vuelve a sonar como candidato para ir cedido al Celta, que ya lo pretendió la temporada pasada.
En diciembre, sin embargo, sufrió una grave lesión de rodilla que le mantuvo de baja el resto de la temporada. Ahora se encuentra en la fase final de la recuperación, por lo que tiene complicado ganarse un puesto de titular en una plantilla tan competitiva como la que Mourinho desea para su nuevo proyecto en Stamford Bridge.
Ante sus pocas posibilidades de jugar con el Chelsea, Oriol Romeu vería muy bien una cesión. El catalán se formó en la cantera del Barcelona pero a los 15 años firmó por el equipo londinense, cuando se le consideraba una de las perlas de la Masía.

Comezo

Boas, hoxe nace un novo sitio adicado ao noso equipo, o Real Club Celta de Vigo, só espero que vos guste que poidades disfrutar de el durante moito tempo.