Etiquetas

venres, 14 de xuño de 2013

O Celta recibirá máis de nove millóns por Iago Aspas



De forma case simultánea, Liverpool e Celta facían público pouco logo das 21.00 horas o traspaso de Iago Aspas ao histórico club británico. No seu comunicado oficial, os de Anfield matizaban que a operación quedará definitivamente pechada cando se aporte toda a documentación, que pasa porque a Federación Española de Fútbol expida o pase internacional do que foi xogador-franquicia do Celta nas últimas temporadas e que está suxeito a un acordo (ata agora inexistente) con Jorge Santomé, o seu representante, que non interveu nesta operación e que logo de varios días, conseguiu desbloquearse.

Definitivamente, o Celta percibirá 7,7 millóns de libras (ao cambio actual, un pouco máis de 9 millóns de euros). A novidade radica en que os de Balaídos seguirán tendo o 10% dos dereitos federativos de Aspas para que no suposto dun futuro traspaso perciban a décima parte do mesmo.

Ou o que é o mesmo, ás arcas da entidade de Balaídos chegará unha cantidade moi próxima aos 10 millóns de euros, que era a cláusula de rescisión fixada no contrato que Aspas tiña asinado co seu ata onte club, ao que chegou sendo un neno.


Logo de regresar antonte de Liverpool, onde se someteu a un exhaustivo recoñecemento médico, e limar os poucos flecos que quedan pendentes, Iago terá que volver de inmediato á súa futura cidade de residencia co obxecto de ser presentado como novo futbolista red. Pero a súa anunciada -e esperada- rolda de prensa para despedirse da afección céltica aínda terá que esperar a que retorne de pasar unha semana de vacacións no Caribe.

El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas Marca.com

2 comentarios:

  1. un máis das perlas da canteira celeste que deixan o Celta pero que o manteñen a un gran nivel económico-deportivo para unha entidade coma a viguesa.
    UN Grande.

    ResponderEliminar
  2. Non hai palabras para explicar o que fixo polo Celta. Simplemente GRAZAS!

    ResponderEliminar