Etiquetas

xoves, 13 de xuño de 2013

Ata sempre Roberto

Roberto Lago abandona o Celta despois de 18 anos para embarcarse no proxecto do Xetafe. Todo o mundo sabía dende xaneiro que había negociacións entre o lateral vigués e os azulóns pero non foi ata maio cando se fixo oficial a súa marcha.
Roberto marcha a un clube con moi pouco tempo na primeira división, pero que nunca descendeu na súa historia. Non marcha por querer crecer como futbolista, crecería de igual maneira no Celta que no Xetafe, marcha polo diñeiro. 
Ao comezo da temporada o Celta fíxolle unha oferta que rexeitou, xa que el quería cobrar o mesmo que o que lle ofreceran a Aspas (800.000 euros) e o Xetafe si estaba polo labor de ofrecérllelos.
O único que queda é darlle moita sorte na súa nova aventura, sen el os últmios éxitos do Celta non serían posibles, e darlle as grazas por todo o que fixo.
Ata sempre Roberto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario