Etiquetas

xoves, 13 de xuño de 2013

Ingresos do Celta coa venda de xogadores da canteira

Coa entrada na lei concursal do Ceta en 2007, o Celta leva nutríndose de xogadores da canteira.
O primeiro en marchar foi Rodrigo Moreno Machado. O Celta vendeuno no ano 2009  por 900.000 euros ao Real Madrid e, despois, o Real Madrid vendeuno ao Benfica portugués, e o Celta obtivo outros 250.000 euros por dereitos de canteira.
A seguinte venda é a do silledano Joselu. O Real Madrid comprouno por 1.500.000 euros, aínda que estivo cedido no Celta durante a temporada 2009/2010. A posterior venda do Madrid ao Hoffenheim fixo que o Celta recibise outro millón de euros máis, facendo un montante total de 2.500.000 euros.
Jordi Figueras foi vendido ao Rubin Kazan ruso no mercado invernal de 2010 por 850.000 euros
En 2011 o Manchester City fichou ao mediocentro Denís Suárez por 1 millón de euros, que se poderían converter en 3 se finalmente xoga no primeiro plantel do equipo.
Coa venda de Iago Aspas ao Liverpool por 9 millóns, os ingresos totais do Celta por venda de xogadores da canteira ascende a 14,5 millóns de euros, curiosamente é máis ou menos o diñeiro que hoxe en día ten de débeda.


Ningún comentario:

Publicar un comentario