Etiquetas

mércores, 12 de xuño de 2013

Rafinha, o fillo pródigo

Hai xa case 20 anos que Mazinho fichou polo Celta pero o que moi poucos sabían é que,despois de tanto tempo, os camiños destes dous voltarían a atoparse, aínda que de xeito un pouco indirecto. 
Rafael Alcántara do Nascimento, Rafinha,  o fillo daquel campión do mundo que xogou no Celta durante a década dos 90, podería chegar ao Celta nas vindeiras semanas en calidade de cedido. Xogador dotado dunha técnica impecable e bo golpeo de balón, leva xogando as últimas tres temporadas no Barça B, que xoga na Liga Adelante. Rafinha debutou da man do actual entrenador do Celta, Luis Enrique, e dende entón non ten deixado de marabillar ao fútbol co seu talento e potencial. Xa debutou co primero equpio en Champions League, Copa do Rei e Liga e a pesar de xogar no medio do campo, o seus rexistros goleadores son moi altos, 10 goles na 2011/2012 e 8 na 2012/2013.
Todo o celtismo espera con ansia a chegada do fillo dun dos ídolos do celtismo. O único problema que existe é o interese dun equipo Champions, e dende hai unhas semanas irmán, como a Real Sociedade.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario