Etiquetas

domingo, 23 de xuño de 2013

O Celta anuncia na súa web as renovacións de Bellvís e Bermejo

O Real Club Celta pechou a renovación de dous dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos casos por unha temporada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luís Enrique na campaña 2013/2014.

Carlos Bellvís disputou un total de 13 partidos en Liga, entre eles os dous útimos, definitivos para lograr a pemanencia, ante Valladolid e Espanyol, nos que ofreceu un espléndido rendemento.

Mario Bermejo participou en 33 dos 38 partidos da competición, nos que anotou cinco goles. O ariete cántabro atópase en plena fase de recuperación da grave lesión de xeonllo, rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo, que sufriu no mes de maio nun encontro ante o Atlético de Madrid en Balaídos.

Mario Bermejo destaca que "estou moi satisfeito e moi contento porque a lesión foi un golpe duro na situación na que estaba, sen contrato en vigor, e a verdade é que estou moi contento e moi agradecido ao club por apostar por min darme este voto de confianza ao renovar outro ano máis co equipo".

O dianteiro celeste expresa tamén a súa satisfacción polo seu rendemento na recentemente concluída tempada: "Xoguei 33 partidos, con cinco goles en Liga e un en Copa, creo que son bos números tendo en conta que tiña xogadores por diante que apuntaban a titulares. Ao final estou moi satisfeito polos números, o rendemento e os goles e por iso penso que, cando me recupere, seguirei axudando ao equipo cun bo traballo".

Sobre a evolución da súa lesión, indica que "a verdade é que vai moi ben, todo segundo o proceso marcado, sen ningún contratempo. O xeonllo non se inflama e agora que xa levo unha semana sen muletas ves realmente que todo vai ben"

"Non teño ningunha molestia que me impida avanzar neste proceso e estou moi contento porque noto que cada día vou mellorando", engade o ariete cántabro.

En canto ao novo técnico celeste, Luís Enrique, Mario Bermejo subliña que "como sabedes aquí coñecémonos todos e o que me dixeron é que é unha persoa moi traballadora, que se involucra moito e ten un fame moi grande de mellorar, de facer as cousas ben"

"É moi esixente cos xogadores, quere sacar o máximo rendemento de cada un e para iso temos que estar a lume de biqueira en cada adestramento, dalo todo e render ao mellor nivel", precisa.

Carlos Bellvís comparte a alegría con Bermejo; "Estou moi feliz por chegar a este acordo, estou moi contento en Vigo e no Celta, onde me foron ben as cousas desde que cheguei e por iso quería continuar. Repito que estou moi contento porque chegamos a un acordo".

"Alégrame moito ademais lograr o obxectivo e seguir en Primeira e espero que esta nova temporada consolidémonos e suframos moito menos que a anterior", indica o lateral celeste, quen apunta que "estou contento ademais coa chegada do novo adestrador. Todos partimos de cero e intentarei traballar coma sempre para axudar ao equipo. Sei que é moi esixente e adestrarei ao máximo cada día para tratar de coller minutos".
BELLVIS2.jpg
Tanto o dianteiro como o lateral firmaron por unha temporada con opción a outra opcional

Ningún comentario:

Publicar un comentario