Etiquetas

sábado, 29 de xuño de 2013

Charles ficha polo Celta

Charles_-_Presentacion_-_Balaidos.jpg

O dianteiro Charles Dias (Brasil, 1984) foi presentado no estadio de Balaídos. O xogador estivo acompañado pola conselleira do club Carmen Avendaño e do director deportivo Miguel Torrecilla, quen asegurou que se lle leva seguindo dende fai tempo e todo o que aporta sempre o fai en beneficio do seu equipo".

Charles mostrouse "moi ilusionado" coa súa fichaxe polo Real Club Celta e, aínda que non quixo falar dunha cifra de goles, si prometeu "moito traballo e implicación". O atacante asegurou sentirse "en casa ao volver a Galicia" e mostrouse decidido a "triunfar en Primeira" tras "facelo en Segunda B e Segunda".

O novo xogador celeste atendeu a todos os afeccionados que acudiron á súa presentación e demostrou unha gran sintonía cos seguidores célticos desde o primeiro minuto.

A fichaxe do xogador é de 1 millón de euros, valor da súa claúsula de reiscisión, que se abonarán inmediatamente ao Almería.

Charles, antigo xogador do Pontevedra e Córdoba, foi o máximo goleador da segunda divsión española, anotando 27 goles na liga regular e 5 na promoción de ascenso a primera división.

Ningún comentario:

Publicar un comentario